Esta semana incorpórase Roberto Sobrado, Taru e os paxaros coiro, Javier Ferreirós, Os chiquilicuatres, Doutor Custó, Chupadeskay e Liridade noctámbula.
Esta semana chegan sete novos temas a A Polo Ghit. Escoller a canción galega do verán 2009 ponse cada vez máis complicado con tanta competencia. As novas incorporacións son Rastros, de Roberto Sobrado; A xente mínteche, de Taru e os paxaros coiro; O que ten o verán, de Javier Ferreirós... e chegamos ás 30.
As outras catro son Librepensante, dos Chiquilicuatres; Baleas, de Doutor Custó; Toño Romero, de Chupadeskay, e Liridade noctámbula, do grupo do mesmo nome, Liridade noctámbula.