Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Nunha xuntanza coa entidade

Feijoo promete ensinarlles aos académicos da RAG o decreto do galego antes de aprobalo

O presidente do Goberno tamén lles garantiu que a institución será o referente na "promoción e a defensa da lingua".

Redacción - 14:30 17/06/2009
Feijoo na xuntanza coa delegación da RAG, esta cuarta feira

Feijoo na xuntanza coa delegación da RAG, esta cuarta feira

Esta cuarta feira o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, xuntábase cunha delegación de membros da Real Academia Galega (RAG) -encabezada polo seu presidente, Xosé Ramón Barreiro-, nunha entrevista na que lles garantiu o apoio total do Goberno á institución, como "referente na promoción e defensa da lingua".

Alén diso, Feijoo expúxolles aos académicos a súa vontade de "recuperar o consenso político e social en relación coa lingua", contan dende a Xunta. O presidente galego tamén lles prometeu aos membros da RAG que eles van ter nas súas mans no novo decreto sobre o galego no ensino, antes de que este sexa aprobado definitivamente.

Nesta liña, Feijoo quixo insistir no "compromiso do Goberno co labor da Real Academia Galega, co que significa e co que representa", e lembrou, como exemplo disto, que todo o Executivo estivera o Día das Letras, "por primeira vez na historia".


1.55/5 (22 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: