Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Europeas 2009

RSS de Europeas 2009
Eleccións Europeas

A ampliación a 54 escanos reforzará a vitoria do PP

Do aumento de asentos para o Estado Español ao completarse a ratificación do Tratado de Lisboa beneficiaríanse o PP, con dous máis, o PSOE, cun extra, e a Coalición por Europa.

Redacción - 12:25 08/06/2009

A representación que a nivel do Estado Español se elixía esta fin de semana na cita coas urnas era de 50 escanos no Parlamento Europeo. Así e todo, no marco do Tratado de Lisboa, actualmente en proceso de ratificación, o Estado verá ampliada esa representación até os 54 escanos. Catro asentos extra que se repartirán en función dos resultados da cita electoral deste domingo.

Xa que logo, e atendendo a esas cifras, a proxección dos datos a ese escenario outórgalle cando menos dous asentos máis ao Partido Popular, que ascendería de 23 até 25 eurodeputados. Do mesmo xeito, o PSOE rabuñaría cando menos un escano máis, enviando ao Parlamento Europeo outro eurodeputado, o seu número 22. O cuarto escano en disputa caería en principio do lado da Coalición por Europa, gañándoo CiU. Así e todo, dependería do escrutinio do voto emigrante, xa que un elevado apoio para os socialistas (a miúdo a forza gobernante a nivel estatal é favorecida maioritariamente polo voto exterior), levaría ese cuarto escano en liza ao PSOE.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: