Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Oferta pública de emprego

Educación convocará oposicións a Secundaria en 2010 despois de analizar as "necesidades"

O secretario xeral da consellaría asegurou que as oposicións deste ano, para Infantil e Primaria, apostarán polo "bilingüismo cordial".

Redacción / EP - 18:15 05/06/2009

Unha comisión da Xunta está a decidir o número de prazas e as especialidades que serán preciso convocar nunha Oferta Pública de Emprego para ensino secundario, que anunciou para o ano 2010. Para iso, está a analizar os cadros de persoal dos institutos do país, segundo explicou o secretario xeral de Educación, Xosé Luís Vázquez Fernández.

O representante do Goberno lembrou que este mesmo ano se convocarán oposicións para cubrir 740 prazas de profesorado de ensino infantil e primario e outras 13 de inspección de Educación. Porén, rexeitou a convocatoria de ofertas para Secundaria, escolas de idiomas e conservatorios, en resposta a unha pregunta da nacionalista Carme Adán, pois "non é aconsellábel".

As prazas convocadas para Primaria dividiranse en 75 para música, outras tantas para educación física, 85 de inglés, 30 de francés, 100 de primaria xeral, 260 de infantil, 60 de pedagoxía terapéutica e 55 de linguaxe. Para calcular o número de vacantes tívose en conta a xubilación de 400 persoas este ano nese ciclo do ensino e o obxectivo de reducir a interinidade e "contribuír á estabilidade do traballo".

Esa taxa de interinidade cifrouna Vázquez Fernández no 5,67 por cento neste persoal con respecto ao resto do profesorado, inferior ao oito por cento de taxa "que se considera aceptábel". Carme Adán acusou a consellaría de estar a realizar "un ERE no ensino público" e criticou que se reducisen 57 prazas na oposición, que o secretario xeral atribuíu a un "reaxuste".

Bilingüismo "cordial"
Así e todo, cualificou a oposición como "máis ampla e xenerosa ca a do último ano" e apostou polo "bilingüismo cordial" que garantirá, segundo Vázquez, que o funcionariado coñeza tanto o castelán e o galego aínda que se examinen só nunha delas.


2,38/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: