 
Cabo de Cruz gañou en xuvenís, Robaleira foi terceiro. Chapela e Meira segundo e terceiro clube na categoría feminina.
A embarcación absoluta feminina do Chapela, no campionato galego absoluto, que gañaron / Imaxe: Todoremo
Despois dunhas moi boas eliminatorias, agardábase que os equipos galegos subministrasen ben as súas forzas e chegasen ao podio nas finais do Campionato Estatal de Traiñeiriñas, que se desenvolveu este domingo en Castro Urdiales (Cantabria). 
Porén, o balance final quedaba cun título, unha medalla de prata e dúas de bronce: Cabo de Cruz gañou en xuvenís, Robaleira, da Guarda foi terceiro; e Chapela e Meira segundo e terceiro clube na categoría feminina.
Dúas medallas na categoría feminina, dúas na masculina
Na categoría absoluta feminina sorprendeu o Astillero cántabro, que dende a primeira padexada rouboulle terreo a Chapela, Samertolaméu e Cabo, que eran os grandes favoritos. Finalmente as cántabras atravesaron a meta, seguidas de perto -a dous barcos- por Chapela (prata, a seis segundos), Samertolaméu (bronce, a doce segundos) e Cabo de Cruz (a 20 segundos).
Na categoría xuvenil masculina gañaron os mozos de Cabo de Cruz (ouro), entrando na meta por diante dos vascos de Getaria, e dos de Robaleira (bronce, a 24 segundos de Cabo de Cruz).
Na categoría absoluta masculina houbo unha soa regata, na que os remeiros cántabros de Castro levaron a primeira praza, seguidos de Astillero, Bermeo e Trasmiera. Os mozos de Samertolaméu quedaron quintos.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto