O chamado móbil vergatario (caralludo) fabricado polo Estado venezuelano a prezos populares en Venezolana de Telecomunicaciones (Vtelca) alcanzou pedidos de 300.000 para ser fabricados na fábrica da Zona Franca de Paraguaná, en Punto Fijo, segundo o ministro de Comunicacións Jesse Chacón. O ministro engadiu que o 77% dos venezuelanos tiñan acceso a internet grazas ao sistema público dos Infocentros.
"Co vergatario temos ordes de Movilnet (a compañia estatal de telefonía móbil) por 300 mil unidades. De China chegou o primeiro lote de 10 mil e o que estamos esperando é o segundo lote de 90 mil que debe estar chegando a finais de semana. Antes do 15 xuño debemos ter 90 mil kits para instalar e a partires dese momento se estabiliza todo o proceso para producir 300 mil", afirmou o ministro.
"O presidente Hugo Chávez rebentounos a capacidade de produción da fábrica e estamos en dúas quendas para ir de mil 500 a 3 mil unidades diarias", engadiu o ministro Chacón que pensa na posibilidade de producir dous modelos adicionais, un cun dispositivo para deportistas e o outro unha especie de Blackberry, con tecnoloxía venezuelana.
O ministro declarou que estánn abrindo unha terceira liña de produción con persoas con discapacidade porque "este é un goberno que inclúe a todo o mundo".
Anunciou, doutra banda, que co Brasil están levando adiante un proxecto no tema de tecnoloxía.
"Imos estabelecer, fronte a Venezolana de Industria Tecnológica (VIT), a nosa fábrica de circuítos eléctricos, é dicer, que a tarxeta que levan dentro os móbiles imos facela en Venezuela, aquí, desde Falcón".
Con respecto VIT, que é a que produce o Computador Bolivariano, manifestou que está en proxecto un minipostátil para diversificar a produción, con varios niveis de calidade, a bo prezo e feito por venezuelanos.
Sinalou, ademais, que hai un proxecto similar con Portugal para a fabricación dun miniportátil para escolares.
De cada 100 venezolanos 77 teñen acceso a internet
Engadiu o ministro do Poder Popular para a Ciencia, Tecnoloxía e Industrias Intermedias, Jesse Chacón, durante a inauguración dun Infocentro no sector Alí Primera do municipio Loss Taques, no estado Falcón.
O ministro, acompañado da presidenta da Fundación Infocentro, Nancy Zambrano e da gobernadora Stella Lugo de Montilla, manifestou a súa satisfacción por inaugurar este infocentro "que esperamos convértase nun punto de encontro, de traballo e transformación".
"Isto é parte do traballo que viñemos facendo para darlle aos venezuelanos o dereito de acceder ao espectro da información. Cando nós chegamos o índice de acceso non chegaba nin ao 5% e hoxe estamos en 77. De cada 100 venezuelanos 77 teñen acceso a Internet e iso colócanos xa por riba do promedio de América Latina", expresou.
Chacón resaltou que a antena do recén instalado infocentro, "aponta para o satélite Simón Bolívar que hoxe nos permite avanzar moito máis rápido no tema de acceso e dános a garantía de que a comunidade dalgunha forma poida atopar na tecnoloxía de información e comunicación unha ferramenta para o desenvolvemento, a inclusión e o traballo colectivo".
Pola súa banda, a presidenta da Fundación Infocentro, Nancy Zambrano, indicou que con este suman 653 infocentros no país.