Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Venezuela

Edición xestionada por Xurxo Martínez Crespo
RSS de Venezuela
NA XUNTANZA DO SELA

Estado venezuelano procura protección legal dos saberes populares

Para propór a protección dos coñecementos dos pobos, o Servicio Autónomo da Propiedad Intelectual (SAPI), organismo dependente do Ministerio del Poder Popular para el Comercio, participou na xuntanza verbo a Protección dos Conocimientos Tradicionales, Expresiones Culturales, Folclore y Recursos Genéticos en América Latina, promovida polo Sistema Económico Latinoamericano e do Caribe (SELA).

Xurxo Martínez Crespo - 11:49 29/05/2009

A directora xeral do SAPI, Arlén Piñate, informou que a participación do SAPI é de grande importancia porque cadran con algunhas das ideas que na xuntanza do SELA se expoñen. Explicou que a garantía dos dereitos colectivos en materia de propiedade intelectual están limitados e non deberían ser manexadas a través do sistema de propiedade intelectual.

"A garantía e protección do coñecemento é un dereito soberano dos Estados e eles mesmos deben xerar os seus mecanismos para a protección destes recursos, velar que sexan sustentábeis e que non se exploten de xeito indiscriminado para evitar que termine nun proceso de destrución da biodiversidade", dixo a directora xeral Arlén Piñate.

A directora resaltou que moitos dos procesos que se discuten na xuntanza, poderían estar orientados a unha posíbel intervención estranxeira, "o Goberno Bolivariano non vai ceder ningún espazo da nosa soberanía. O resgardo dos coñecementos do pobo transcenden a que se lles outorgue unha garantía comercial, porque o coñecemento forma parte do patrimonio cultural dos pobos e na medida que se manexe como unha mercancía, estariamos levándoo á extinción".

Piñate recalcou que a posición de Venezuela é "loitar por evitar que se impoña un sistema supranacional, que dite medidas aos Estados soberanos de como deben manexar os seus recursos en materia de coñecementos".

A directora xeral do SAPI, Arlén Piñate, informou que a participación do Organismo é de gran importancia porque difiren dalgunhas ideas que aí se expoñen. 


Ligazóns

2,33/5 (3 votos)