Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
en Barcelona

Os goles do Barça foron detectados polos sismógrafos

A reaccións dos seguidores culés ao ir marcando o seu equipo, e gañar a Liga de Campións, sentíronse coma se fose un tremor da terra.

Redacción - 08:00 29/05/2009
As liñas do gol ge Eto'o

As liñas do gol ge Eto'o

Cando Eto'o e Messi marcaron os dous goles na final da Liga de Campións contra o Manchester, en Roma, centos de miles de persoas saltaron e berraron á vez, na súa celebración conxunta.

Naquel momento, e segundo indica o no seu blog do xornal catalán Vilaweb Marc Belzunces, membro de SoftCatalà, os sismógrafos de Barcelona detectaron, de forma clara, cada unha das celebracións.

Belzunces bota man, para dar esta información, dun comentario do Institut de Ciències de la Terra Jaume Almera. Por outro lado, o Barça foi recibido esta quinta feira á tardiña en Barcelona, cun ambiente festivo que mesmo encheu o Nou Camp.


4,25/5 (12 votos)

Novas relacionadas


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: