Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
MISIÓN ESPACIAL

Os astronautas do Atlantis non dan posto o DVD

Os computadores do transbordador non teñen o software axeitado, polo que a tripulación tivo que pasar o tempo sen filmes.

Redacción - 09:00 01/06/2009

Os astronautas da Atlantis non tiveron problema en arranxar algo tan complicado como o telescopio Hubble, no que fuchicaron todo este mes na misión para aumentar até 35 veces a calidade das imaxes que envía do espazo para a Terra. Mais a cousa non semella tan fácil cando o que está en xogo é reproducir un DVD, polo que a tripulación do transbordador tivo que pasar o tempo no espazo sen ver ningún filme.

O pasado venres 22 estaba prevista a volta á Terra do Atlantis, unha vez completada a súa misión co Hubble, mais as condicións atmosféricas na Florida, onde se sucedían os trebóns, fixeron por que se adiara a aterraxe da nave. Para facer máis levadeiro o tempo da espera, a tripulación decidiu ver os filmes en DVD que levaran para a viaxe. Mais os computadores de a bordo non tiñan o software axeitado, polo que os astronautas tiveron que quedar sen sesión de cinema.

Desde a base na Terra, os enxeñeiros da NASA tentaban resolver o problema, do mesmo xeito que fixeran coas complicacións xurdidas na reparación do telescopio, mais a reparación semellou non ser tan doada como se podía esperar. Despois de máis dunha hora de tentativas frustradas, os astronautas decidían abandonar e renunciar aos filmes. O astronauta John Grunsfeld avisaba finalmente á base de que terían que aguardar a ver un filme nunha sala de cinema terrestre.

O domingo 24, tras varias tentativas fallidas e mudar a aterraxe para California no canto de Florida, os astronautas da Atlantis regresaban á terra. Contodo, a NASA non informou sobre canto tardaron en achegarse a un cinema.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: