Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
ABANDONAN UNHA MESA CO GOBERNO

CIG, UXT e CC.OO fan forza para que haxa proba en galego nas oposicións

A pesar das protestas, os representantes do Goberno reiteraron a decisión de modificar o artigo 35 da Lei de Función Pública e posibilitar probas só en castelán.

Redacción - 13:20 22/05/2009
Tags:

O novo Goberno non vai dar marcha atrás na súa intención de eliminar probas de galego nas oposicións. Así llo fixeron saber representantes do executivo aos sindicatos este venres nunha mesa xeral extraordinaria de negociación para modificar o artigo 35 da Lei de Función Pública. En protesta pola proposta de cambio lexislativo, os sindicatos CIG, UXT e CC.OO abandonaron a mesa aos poucos minutos de comezar a reunión. Os representantes de CSIF permaneceron pola contra na reunión.

Co cambio neste artigo, o PPdeG quere derrogar unha disposición do bipartito que garantía que, polo menos, unha das probas da oposición tivese que facerse en galego, para así demostrar un dominio mínimo da lingua do país. Agora, coa modificación, as persoas que opositen só terán a obriga de acreditar o coñecemento do galego mediante certificado e poderán facer as probas integramente en castelán.

Segundo os conservadores, o cambio faise para garantir a “cooficialidade lingüística” e que a mobilidade dos cidadáns e das cidadás por todo o Estado Español “non se vexa limitada”. A modificación terá que ser referendada polo Parlamento.

A CIG pide a dimisión do secretario xeral de Política Lingüística

O representante da CIG na mesa deste venres, Anxo Louzao, subliñaba ao remate da xuntanza que o que propón o PPdeG é un grave retroceso para a lingua do país. Louzao considera que a proposta do Goberno vai na liña que marca o PP dende Madrid.

Logo de anunciar mobilizacións, o sindicato nacionalista considera que se o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, defende un mínimo a normalización do idioma do país ten que presentar inmediatamente a súa dimisión como mostra de disconformidade coas políticas dos seus superiores.


4,74/5 (27 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: