Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Príncipe: o 70% do lixo é reciclable.

O programa presentado polo candidato socialista, Carlos Príncipe, funciona xa en cidades coma Barcelona ou A Coruña e, segundo o voceiro socialista, permitirá reciclar o 70% do lixo. Tamén evitará que este sexa incinerado e os malos cheiros. O candidato socialista asegurou que a própria Xunta de Galicia e as Organizacións Ecoloxistas así como a Comisión Europea aproban o proxecto.

- 20:25 20/02/1999
Tags:

Carlos Príncipe, candidato socialista ó concello vigués, presentou un novo proxecto para tratar os residuos sólidos coma unha alternativa para o que actualmente realiza Sogama.
Segundo este proxecto o reciclado do lixo sería dun 65 a un 70% e todo elo, sen ter necesidade de recurrir á incineración.
No proceso do tratamento, os restos dos alimentos convertense en compost. Este abono, consiguese a traves dunha fermentación sen aire e, dela obtense o biogas, un producto que complementa o reciclaxe e cuio alto contido en Metano facilita a sua transformación en enerxia electrica. A segunda fermentación, na queparticipa o aire, asegura a calidade do abono. Para realizar todo o proceso se precisan unhas instalacions pechadas, o que elimina o cheiro. As augas resultantes do proceso e a limpeza das instalacions, trataranse nunha instalacion biolóxica.
Tamén as industrias veranse beneficiadas, xa que os elementos procedentes da recollida selectiva, serán levados a unha nova pranta ubicada nas mesmas instalacións e, na que tras efectuarse unha selección poderanse reutilizar.
Esta proposta cumpre, segundo Carlos Príncipe, tres requisitos imprescindibles. Melloras económicas, ecolóxicas e de creación de emprego.
O custe para o tratamento do lixo, sairialle ós vigueses por 2.400 pesetas e, xeraría 150 novos postos de traballo directos. A proposta do aspirante socialista enfrontase deste xeito á efectuada polo Conselleiro de Política Territorial Xose Cuiña. Esta proposta foi calificada por Príncipe de beneficiosa tan só para os grandes grupos eléctricos e, de seren altamente contaminante ademáis de cara para os viciños de Vigo.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: