Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Xatcobeo ao espazo

O picosatélite galego fabricarase en outubro aínda que o seu lanzamento podería atrasarse a 2010

O proxecto acaba de presentarse no 'Cubesat Developers' Workshop da universidade de californiana de Calpoly.

Redacción / Europa Press - 10:30 01/05/2009

O proxecto galego de picosatélite, denominado Xatcobeo, atópase actualmente na fase de deseño e a súa construción comezará en outubro deste ano, se ben os investigadores non descartan que o seu lanzamento, previsto para finais de 2009, se atrase a 2010.

A iniciativa está sendo desenvolvida por estudantes das escolas de Telecomunicacións, Enxeñaría Industrial e Informática da Universidade de Vigo, co apoio da Xunta e a supervisión do Instituto Nacional de Tecnoloxía Aeroespacial (INTA). Segundo explicou o investigador principal, Fernando Aguado, no período maio-xuño comezaría a fase de revisión crítica do proxecto, de cara a poder fabricar e integrar o satélite en outubro.

Estes prazos permitirían ter preparado o satélite --o primeiro 'cubesat' a nivel estatal-- para o seu lanzamento en decembro de 2009, aínda que os investigadores prevén que esta data oficial "sufra un atraso de varios meses", polo que "o máis probábel" é que se lance no segundo ou terceiro trimestre de 2010, precisou Augado. En todo caso, o investigador destacou a "implicación e esforzo do alumnado" posto que "está a resultar clave para que o proxecto siga segundo a planificación prevista dende o comezo".

Congresos
Paralelamente ao desenvolvemento do Xatcobeo nas instalacións da Universidade de Vigo, a iniciativa está sendo presentada en congresos e conferencias en diversas partes do mundo. Recentemente, o proxecto expúxose no 'Cubesat Developers' Workshop na universidade de Calpoly, California Politechnic State University.

Ademais, o próximo setembro, responsábeis do proxecto acudirán á Conferencia Mundial Aeroespacial que se celebrará en Corea do Sur.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: