O Clube Patinaxe Compostela organiza unha competición na que participarán perto de 50 deportistas dende a categoría alevín até sénior.
As mulleres serán maioría no trofeo Xunta
O pavillón de Vite acollerá este sábado día 25 o Trofeo Xunta de Galiza de patinaxe artístico, no que participarán perto de 50 deportistas nas categorías alevín, infantil, cadete, xuvenil, júnior e senior. O torneo está organizado polo Clube Patinaxe Compostela e comezará ás 10 da mañá, estando previsto o remate para as sete da tarde.
As mulleres serán maioría neste campionato, xa que as donas constitúen o 41 das 46 persoas inscritas. As mozas e os mozos participantes no campionato chegan dos seguintes 10 clubs: Compostela, Oleiros, Valladares, Ribeira, Luar, Covelo, Maxia, Castrelos, Carpa e Coruxo.