 
Tenso pleno este luns no concello coruñés, onde o PPdeG recupera a alcaldía co voto dun tránsfuga do PSdeG.
 
											O ex conselleiro Santiso Miramontes
(Haberá ampliación) 
  Grande expectación no Concello de Abegondo, onde a pequena sala na que se debatía a moción de censura quedou pequena e chegou apenas para un cento de veciños que asistiron á beira da prensa á cita que asinou a viraxe política municipal.   
  
  O voceiro do PP no Concello, o ex conselleiro Xosé Antonio Santiso Miramontes, volve así ao poder municipal, logo de conseguir o apoio do único edil do PSOE no municipio, Manuel Eladio Fernández, voto que se suma aos seis concelleiros que os populares conseguiron na última cita coas urnas.  
  
  Durante o debate, e visibelmente nervioso, Eladio Fernández falou apenas un minuto sen achegar xustificación da decisión que lle valeu xa a desautorización do da dirección do PsdeG, que o declarou "tránsfuga". Pola súa banda, o rexedor entrante, Santiso Miramontes, criticou a socialistas e nacionalistas por non autorizaren as súas agrupacións locais en Galiza a decidiren a nivel municipal o sentido dos pactos e insistiu na defensa da moción de censura "polo ben da gobernabilidade de Abegondo".
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto