Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Presentación oficial da súa candidatura

Vázquez subliña que as súas ideas "coinciden" coas da "maioría" da militancia socialista

O candidato Manuel Vázquez asegura que promoverá a participación da militancia para ser "a única alternativa de goberno seria".

Redacción - 17:30 17/04/2009

Manuel Pachi Vázquez presentou este venres o proxecto que levará ao congreso extraordinario do PSdeG, onde aspira a se converter en novo líder da formación. Vázquez cualificou as xornadas do 24 e 25 de abril de "días claves" tanto para o partido como para o país e amosouse con "gañas, ilusión e forza" de emprender unha "profunda renovación" na estrutura do PSdeG.

O candidato a secretario xeral agradeceu o compromiso das máis de 140 agrupacións locais coas que se reuniu, e explicou que o principio da renovación do partido será a regra de "unha muller ou un home-un cargo" e a filosofía da participación da militancia.

"O gran cambio ten que nacer de abaixo a arriba", explicou, e o seu obxectivo será ser "a única alternativa de goberno seria e rigorosa deste país". Unha das súas propostas 'estrela' será a creación dunha Escola de Dirixentes do PSdeG e potenciar as áreas de formación e de novas tecnoloxías dentro da executiva. Segundo Vázquez, boa parte da militancia comparte as súas ideas, aínda que amosou a súa vontade de "diálogo e integración" a novas propostas.

Sobre o debate de investidura

Manuel Vázquez dixo, con respecto ao debate de investidura, que "o PP non gañou as eleccións, perdémolas nós", e cualificou de "impresionante" o discurso de Leiceaga, mentres que o de Feijoo foi "de cortesía" e sen medidas concretas.

Con respecto ao nomeamento de Xosé Blanco como Ministro de Fomento, afirmou que "é a mellor garantía das de verdade de que Galiza ten un horizonte de futuro optimizado" e que a chegada do TAV será canto antes.





5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: