Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
INFORME DO OGSI

O 17% da cidadanía comprou por internet en 2008

O incremento do comercio electrónico nos últimos tres anos foi do 125%. Os servizos turísticos lideran as adquisicións na rede.

Redacción - 16:35 17/04/2009

Un informe publicado polo Observatorio Galego da Sociedade da Información (OGSI) confirma o incremento do uso do comercio electrónico pola cidadanía galega. Así, no ano 2008 case o 16,9% fixo uso desta modalidade, fronte ao 12,7% do 2007.

Segundo os mesmos datos, case unha de cada 10 persoas galegas fixo algún tipo de compra en liña nos últimos tres meses. A porcentaxe aumenta a un 20,3% de cidadáns que mercaron algunha vez a través da internet.

O incremento de uso de comercio electrónico en Galiza aumentou un 125% no período 2005-2008, fronte ao 79% do Estado Español. Deste xeito, confírmase a evolución e a converxencia da poboación de Galiza cara á Sociedade da Información.

No último mes fixéronse unha media de 3,3 compras a través da rede fronte ás 2,3 de 2007. O gasto medio foi inferior aos 100 euros no 47,4 por cento dos casos. Os produtos adquiridos procederon, principalmente, do Estado Español (52,5%), de estados non europeos (22%) e de Galiza (20,3). Os bens con máis éxito nas compras en liña foron os produtos turísticos, que supuxeron o 42,9%, a gran distancia dos seguintes: libros e revistas, soportes audiovisuais e lotarías e apostas.

Datos europeos
En relación aos datos do Eurostat, case un terzo da poboación da UE fixo algunha compra a través da internet en 2008. Destacaron polo seu dinamismo no comercio electrónico Dinamarca, o Reino Unido, os Países Baixos, Suecia e Finlandia, con taxas de penetración por riba da metade da poboación de 16 a 74 anos. Viaxes (14%) e roupa (13%) foron os produtos máis adquiridos por esta vía na Unión.


Ligazóns

3/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: