Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Comparecencia do secretario xeral

O PPdeG afronta o seu Congreso de maio "lonxe da autocomplacencia"

Hai que seguir traballando, agora máis que nunca; seguir sumando e incorporando nova xente ao proxecto do partido", di Afonso Rueda.

Redacción - 18:35 08/04/2009

O secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, afirmou esta cuarta feira que os populares gañaron as eleccións "porque somos o partido que máis se preparou para o futuro e por iso é necesario seguir actualizándose cada día para non perder este obxectivo".

Rueda, que compareceu en rolda de prensa para dar conta das últimas novidades e detalles en relación ao vindeiro Congreso dos populares, que se desenvolverá o 9 e o 10 de maio na Coruña, asegurou que o partido afronta a cita cunha gran vitoria, "pero lonxe da autocomplacencia; queremos que sexa un Congreso de autocrítica e de busca da mellora".

Neste senso, o secretario xeral lembrou que o lema do Congreso de 2006: Seguir, sumar e gañar segue perfectamente vixente, "xa que hai que seguir traballando, agora máis que nunca; seguir sumando e incorporando nova xente ao proxecto do partido; e seguir traballando para gañar as eleccións; e todo isto só pasa por un obxectivo que é superarse para conseguir as metas que imos marcando".

Por último, Afonso Rueda lembrou que o número de compromisarios entre natos e electos -que se elixirán o 16 e o 17 de abril- será de 2.100: A Coruña, 512; Lugo, 277; Ourense, 462; Pontevedra, 583; Exterior, 10; Novas Xeracións, 80.


Ligazóns

5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: