Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Cara á reforma do Estatuto

Feijoo enviaralle á oposición un "texto completo" coa súa proposta estatutaria

En entrevista con Vieiros antes do 1M, o líder do PPdeG criticou que socialistas e nacionalistas non lle enviaran "en catro anos" unha proposta completa para o debate. Vexa o vídeo no interior.

Redacción - 08:00 13/04/2009

"Se non se retomou a negociación é porque o actual presidente da Xunta se negou", subliñaba en xaneiro de 2009 durante a súa visita á redacción de Vieiros o que será vindeiro presidente do Goberno. Ao respecto da negociación para a reforma estatutaria, insistía Núñez Feijoo: "En Montepío quedamos en retomala despois das eleccións municipais de 2007 e logo o señor Touriño dixo que non estaba disposto e como é coñecido botoulle a culpa a Feijoo de todo o que ocorre en Galiza".

Apenas unha semana despois do inicio formal da nova lexislatura e ás portas do debate de investidura e a toma de posesión, abrolla outra vez a posibilidade de que esa reforma saia adiante nos próximos catro anos e co novo equilibrio de poder no Parlamento. A presidenta do Parlamento, Pilar Rojo, comentaba esta fin de semana a súa confianza en que o novo Estatuto poida ver a luz durante o novo treito parlamentario. Diante dos micrófonos da Cadena Ser, Rojo dixo apostar por que esta sexa "a lexislatura do novo Estatuto de Autonomía de Galicia" e prometeu traballar por sacar adiante un pacto "co acordo de todos". "Temos, entre todos, que chegar a un equilibrio, eu creo que niso consiste o debate e o consenso", expresou a nova presidenta da institución.


2.15/5 (13 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: