Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Despois das manifestacións contra o G-20

Un cento de detidos durante as protestas contra a OTAN en Estrasburgo

A Organización do Tratado do Atlántico Norte celebra esta sexta feira e o sábado o seu 60 aniversario cunha cimeira na cidade francesa e na alemá de Kehl.

Redacción - 08:00 03/04/2009

A Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN) celebra celebra esta sexta feira e o sábado o seu sexaxésimo aniversario con dúas cimeiras, que se desenvolverán en Estrasburgo (Francia) e en Kehl (Alemaña), cidades separados polo Rin. A xuntanza ten o interese engadido da asistencia do presidente dos EUA, Barack Obama, que continúa a súa xira por Europa, e ten planeado presentar neste foro a súa estratexia para Afganistán.

Esta cimeira fai tamén oficial o regreso de Francia á estrutura militar da OTAN, 43 anos despois de ter saído; e a chegada de Croacia e Albania, que fará que sexan 28 o número de estados aliados.

A ollada posta en Afganistán
Os aliados han estudar a situación en Afganistán, de tal xeito que poidan asegurar que as forzas afgás se fagan cargo do país. Obama agarda que os aliados "dean un paso cara adiante" e anuncien novas contribucións militares, ofrezan observadores internacionais, axuda a Paquistán e apoio económico, entre outras demandas. Polo seu lado, o secretario xeral da OTAN; Jaap de Hoop Scheffer, agarda que os países membros aporten catro mil tropas á alianza, e varios equipos de instrución.

Nun comezo, os dirixentes dos países aliados teñen planeado presentar tres declaracións: o comunicado final da cimeira; un comunicado sobre a seguridade na alianza, cunha reflexión sobre a necesidade dun novo concepto estratéxico que lle dea á OTAN razón de ser hoxe en día; e, finalmente, un terceiro comunicado, referido á situación e ao futuro de Afganistán.

Un cento de detidos nas primeiras protestas
Mentres os dirixentes se reúnen, milleiros de manifestantes han percorrer as rúas de Estrasburgo, en protesta pola presenza da OTAN na cidade. Nesta quinta feira xa houbo protestas, e a policía francesa detivo un cento de persoas, ás que lles foi impedida a entrada ao centro da cidade.

As organizacións pacifistas e anti-OTAN xa anunciaron que nos vindeiros días non vai ser doado organizar as manifestacións, dadas as fortes medidas de seguridade que arrodean a cimeira. A policía ten tomadas ámbalas dúas cidades, dunha e doutra beira do Rin. En Kehl os cidadáns só poden saír das súas casas a determinadas horas, e en Estrasburgo a policía prohibiu pendurar nas fachadas das casas bandeiras pacifistas, coa consigna "Non á OTAN".

Máis información:


3.5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Mapa dos países aliados na OTAN (clique para ampliar)
Mapa dos países aliados na OTAN (clique para ampliar)
Campamento no que se atopan, ás aforas de Estrasburgo, os activistas contra a OTAN
Campamento no que se atopan, ás aforas de Estrasburgo, os activistas contra a OTAN
Protestando contra a OTAN, do outra beira do Rin (na cidade alemá de Freisburg im Breisgau)
Protestando contra a OTAN, do outra beira do Rin (na cidade alemá de Freisburg im Breisgau)