Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NOVA COALICIÓNS

CiU cre que o BNG escolleu aliarse con ERC por mor dos últimos resultados electorais

A formación centrista considera que o cambio de estratexia do Bloque non significa a fin de Galeuscat.

Redacción - 17:50 01/04/2009
Tags: BNG ERC Europa

Os resultados do pasado 1 de marzo e a perda do Goberno influiron decisivamente para que o BNG decidise acudir con ERC e Aralar aos comicios europeos no canto de facelo cos seus socios de Galeuscat. Eso é o que cren polo menos os seus antigos socios de CiU. Felip Puig, secretario xeral adxunto de CDC, afirmou este mércores que o Bloque busca unha alianza “máis ideolóxica”. Para Puig, os resultados dos comicios de hai un mes fixeron que o Bloque optase por unha análise crítica que o levou a achegarse ás outras forzas de esquerda.

Puig confirmou que CiU e PNV van concorrer xuntos outra volta ás eleccións europeas. Europarlamento. Na mesma coalición está xa confirmada a presenza de Bloc Nacionalista Valenciá e Unió Mallorquina, á vez que se está a negiociar con Coalición Canaria e Partido Andalucista.

Dende Convergència explicaron que a decisión do BNG non se traduce no punto e final de Galeuscat. Así, lembrou que para despois dos vindeiros comicios está previsto que CiU, PNV e Bloque volvan a reunirse para analizar a situación do Estado Español. O obxectivo segue a ser o mesmo: pular polo recoñecemento da pluralidade nacional.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: