Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
TELECOMUNICACIÓNS

Televés abre un blog especializado

A bitácora, incluída na web da compañía, está dedicada aos medidores de campo de sinais de radio e de televisión.

Redacción - 17:30 31/03/2009

A empresa galega de telecomunicacións Televés puxo en marcha un blog onde contará as principais novidades relacionadas coa medición de sinais de radio e de televisión. Con esta iniciativa, a firma compostelá pretende responder ás "preferencias e necesidades" da clientela e responder de xeito "ameno, directo e moi informativo" aos temas do sector.

A bitácora leva por título 'O recuncho da medición' e xa conta coa súa primeira entrada, escrita polo responsábel de comunicación da compañía. Os contidos inclúense na web corporativa de Televés e, como calquera outro blog, permiten achegar comentarios da comunidade internauta. O blog está traducido a tres idiomas: castelán, inglés e portugués.

A ferramenta, de contido moi especializado, está dirixida a persoas técnicas e especialistas para informalas das novidades de produto e de funcionalidade dos medidores de campo desenvolvidos pola empresa galega.


5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: