Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
IMPULSA TDT

Menos de 100 días para o primeiro apagón analóxico e miles de antenas sen adaptar

O organismo estatal advirte de que o cambio da televisión é "inevitábel". En Galiza afectaralles o 30 de xuño a 400 mil persoas.

Redacción - 09:15 26/03/2009

Este luns traspasouse o limiar simbólico dos 100 días para que se produza o primeiro apagón analóxico, que en Galiza lles afectará ás áreas de Compostela e de Ourense Leste, que abranguen algo máis de 400 mil habitantes de 60 concellos. O 30 de xuño, ou mesmo días antes, a cidadanía que resida nesas áreas deixará de ver a televisión analóxica e só poderá acceder a ese servizo a través da TDT.

O organismo Impulsa TDT, dependente do goberno español e que se encarga de coordinar as accións de transición á nova tecnoloxía, advertiu de que aínda hai entre 50 e 60 mil edificios no Estado Español que non adaptaron as súas antenas, a falta de menos de tres meses, e que poden quedar sen televisión para daquela.

Segundo asegura o director xeral de Impulsa TDT, Andrés Armas, o proceso realízase a "bo ritmo", cunha implantación de arredor do 50% a nivel xeral e de máis do 66% nas zonas afectadas polo primeiro apagamento, aínda que avisou de que hai que adaptar "urxentemente" as antenas colectivas, para as que algúns gobernos autonómicos puxeron en marcha axudas. "O cambio á TDT é inevitábel e se non nos queremos atopar con sorpresas de última hora, o mellor é tratar a transición de xeito previsor e ordenado".

O Plan Estatal de Transición á TDT determinou que o primeiro apagón lles afectase a algunha área de todas as comunidades autónomas. A segunda fase terá lugar o 31 de decembro de 2009 e afectaralles a 339 mil habitantes da área de Meda (maioritariamente a provincia de Ourense) e a 710 mil da de Ares (norte da provincia da Coruña). O 3 de abril de 2010 chegaralle a quenda a todo o resto do territorio, xa na terceira e derradeira fase.


Ligazóns

1/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: