Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
TECNOLOXÍAS NO NOSO IDIOMA

Renóvase indefinidamente o compromiso para promover o galego nos móbiles

O Goberno deulle luz verde á renovación do convenio entre Política Lingüística e Nokia, ao que lle seguirán o resto de principais marcas e operadores.

Redacción - 13:45 18/03/2009

O Consello da Xunta aprobou este mércores a renovación do convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral de Política Lingüística e Nokia para promover a normalización lingüística na telefonía móbil. O acordo convértese en indefinido e supón o afianzamento do compromiso da empresa finlandesa coa galeguización do servizo.

O convenio estipula as actuacións que levará a cabo a empresa para a implantación progresiva do galego nos terminais que comercialice no país. Será mediante a inclusión do idioma galego como opción nos menús e aplicacións propias dos terminais. Así mesmo, Nokia irá incluíndo progresivamente o galego noutros produtos tecnolóxicos que comercialice en Galiza e que dispoñan de pantallas interactivas, nos manuais de usuario e nas guías rápidas existentes en formato electrónico destes produtos, que se poderán descargar dende a web.

Pola súa parte, a Secretaría Xeral de Política Lingüística facilitaralle á empresa asesoramento lingüístico na revisión terminolóxica das traducións. Ademais, comprométese a darlle apoio institucional a calquera iniciativa da empresa asinante que teña como finalidade a promoción da lingua e da cultura galegas, e incluirá todas as novidades deste ámbito na web oteumobilengalego.com, onde se ofrece a información sobre os produtos deste tipo que dispoñan da opción idiomática do galego, e na que se poden descargar actualizacións.

O acordo aprobado polo Consello da Xunta encárrase nunha serie de convenios entre a Secretaría Xeral e as principais fabricantes e operadoras de telefonía móbil que prestan servizos en Galiza. Proximamente prevese renovar os convenios con Alcatel, Motorola, Samsung, Sony Ericsson e as operadoras Movistar, Orange, R, Vodafone e Yoigo.


4,33/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: