Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
UE2009

O presidente do SNP recunca como cabeza de lista nas eleccións europeas

Os nacionalistas escoceses, que forman parte do grupo dos Verdes/ALE no Europarlamento, aspiran a superar os dous representantes actuais.

Redacción - 09:00 18/03/2009
Ian Hudghton

Ian Hudghton

O presidente do Scottish Nationalist Party (SNP) e parlamentario europeo dende 1998, Ian Hudghton, foi elixido como candidato a liderar a lista dos nacionalistas escoceses nas eleccións ao Europarlamento, a primeira semana de xuño.

O SNP sinalou nun comunicado enviado aos medios que aspira a conseguir máis representantes dos dous con que conta actualmente, integrados no grupo parlamentarios Os Verdes/Alianza Libre Europea (alianza, ALE, da que tamén forma parte o BNG).

Porén, salientou a dificultade de mellorar os resultados dos últimos comicios, dado que o número de representantes que elixirán os escoceses o vindeiro 4 de xuño (na Galiza, as eleccións serán tres días despois) reduciuse a seis. Hudghton -que irá acompañado na lista polo tamén eurodeputado Alyn Smith, por Aileen McLeod, Drew Hendry e Duncan Ross- declarou:

"O SNP leva defendendo Escocia en Europa dende hai moito tempo. É hora de que abra a porta a novos socios, e tire máis proveito dos actuais. En Europa, isto significa gozarmos dos mesmos beneficios que nacións similares -cos nosos intereses nacionais escoitados por vez primeira no principal foro da UE".

"Impulsar a nosa nación cara á independencia"
"Como partido temos que nos centrar en aproveitarmos a oportunidade de xuño para impulsar a nosa nación cara á independencia. Farémolo ao igual que o Goberno escocés traballa para construír unha nación máis xusta e forte, rica en enerxías renovábeis, repleta de ambición e talento e deixando un futuro máis verde para as xeracións futuras".


5/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: