Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
CAMPIONATO GALEGO DE LOITA

En Begonte este sábado estílanse as leas

Disputaranse os campionatos de loita olímpica nas categorías júnior e escolar, un evento recollido dentro da competición en Idade Escolar.

Redacción - 10:00 14/03/2009
As novas fornadas da loita galega pasan esta fin de semana por Begonte

As novas fornadas da loita galega pasan esta fin de semana por Begonte

O concello chairego de Begonte acolle este sábado os campionatos galegos de loita olímpica nas categorías júnior e escolar, recollidos dentro da competición en Idade Escolar da Dirección Xeral para o Deporte. As competicións realizaranse en formato individual para os mozos e as mozas da categoría júnior, e por equipos para os escolares.

Agárdase unha boa participación nas categorías de loita libre, masculina e feminina, e loita grecoromana masculina. As competicións escolares disputaranse durante a mañá e entregaranse os trofeos ás 13.30 horas, mentres que os júnior loitarán pola tarde e apañarán os seus premios ás 18.30 horas.

Os resultados destes campionatos servirá para decidir que mozas e mozos representan ao país nos campionatos estatais de loita que se celebran os vindeiros 28 e 29 de marzo en Barcelona.


4.5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: