Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Irimia

Xestionado pola Asociación Irimia
RSS de Irimia
EDITORIAL POST-ELECCIÓNS

Medios

A sensación de fastío, cando non de náusea, é perigosa. Tampouco é unha casualidade inocente: pode determinar un resultado electoral. É, de feito, a responsable de moita actitude abstencionista, da desmobilización dunha parte importante da cidadanía, da que se ten por máis crítica e “independente”.

Redacción - 09:43 23/02/2009
Tags:

En boa parte da campaña electoral que acabamos de pasar –cando isto escribimos aínda non sabemos os resultados- houbo esa sensación no ambiente. O votante estivo emparedado por escándalos promovidos por grupos de poder a través dos seus grandes xornais.

Montar iso que se chama ruído mediático é doado para eses grandes grupos; é de feito a súa especialidade. Evidentemente, ten que haber unha base, pero despois todo se intensifica, se dosifica, se magnifica, ou se silencia conforme a tácticas de “condución” da opinión pública. A fenda social faise tan grande entre “progres” de El País e “carcas” de El Mundo/Cope, que as persoas simplemente normais e honestas xa non saben que pensar. Non hai espazo para a procura da verdade serea. Se tes sensibilidade de esquerda, resulta que non “debes” pensar nin comentar que está mal que un ministro se dedique a monterías de luxo daquela maneira e con certas compañías; se non es de esquerda, resulta que debes considerar groseiras mentiras as evidencias sobre redes de espionaxe e corrupción arredor do PP.

En Galicia vimos como outro grupo ideolóxico, con pose de liberalismo e “urbanidade”, se sumou a cerimonia das “campañas”. “La Voz” cos seus “yo protestos”, resultou agora, neste momento xusto da historia de Galicia, o primeiro no que non estaba a dereita no poder durante unha enteira lexislatura, un órgano hipercrítico (“in crescendo” a medida que se achegaba o 1-M). Especialmente desde que deixou de ser singularmente beneficiado polo diñeiro público e viu como nacía un xornal competidor.

Perder a inocencia non debería ser perder a adultez, senón o contrario. Porque se seguimos tragando a mensaxe máis perigosa (todos e todo é o mesmo), só gañan os medios, coa súa capacidade manipuladora e, ao remate, os poderes que están detrás. E, efectivamente, todo seguirá igual, que seica é do que se trata.


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: