Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Eleccións Galiza 2009

RSS de Eleccións Galiza 2009
Galiza2009

Cataluña e Vilaweb, en conexión directa coas eleccións galegas vía Vieiros

O xornal catalán realizará un seguimento especial dos comicios do 1-M, a través do Especial Electoral Galiza2009.

Redacción - 16:45 18/02/2009
Cadro de RSS en Vilaweb

Cadro de RSS en Vilaweb

O xornal catalán VilaWeb, principal referente informativo da xarxa en Cataluña, realizará un seguimento especial das eleccións ao Parlamento, ligando dende a súa web directamente co Especial Galiza2009 de Vieiros.

Ademais, Ramón Vilar Landeira (director deste diario) manterá unha conversa online cos lectores do periódico catalán, onde responderá as cuestión referentes á campaña electoral e aos comicios do 1 de marzo. Será esta quinta feira, a partir das 13.00 horas.

VilaWeb
tamén pon un ollo nas eleccións ao Parlamento de Euskadi, previstos para o mesmo domingo. Neste caso, contará coa colaboración do xornal euscaldún Berria.


5/5 (12 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: