Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Conflito no Curdistán

A Policía turca reprime con violencia as manifestación a prol de Öcalan

Polo menos un cento de persoas foron detidas e ducias resultaron feridas en Istambul e outras cidades de Turquía no 10º aniversario da captura do líder curdo.

Redacción - 12:15 16/02/2009
Öcalan, o 18 de febreiro de 1999

Öcalan, o 18 de febreiro de 1999

As manifestacións a prol do líder da resistencia curda Abdullah Öcalan no día en que se cumprían 10 anos da súa detención, este domingo, remataron en fortes disturbios logo de que a Policía quixese disolver as concentracións, prohibidas polo goberno de Turquía.

Polo menos un cento de persoas foron detidas e ducias resultaron feridas na capital, Istambul, e noutras cidades. Os medios locais informaron de que as forzas antidisturbios empregaron gases lacrimóxenos, pelotas de goma e canóns de auga para dispersar os milleiros de manifestantes.

Na localidade de Batman (Êlih, en curdo), varias crianzas tiveron que ser hospitalizadas por inhalar gases lacrimóxenos lanzados polos antidisturbios, e na de Hakkâri (Colemêrg, en curdo) a Policía disparou ao aire. Tamén Diyarbakir (Amed, en curdo), Van (Wan, en curdo), Sanilurfa (Riha, en curdo) e Mersîn foron escenario de marchas a prol do dirixente e fundador do Partido dos Traballadores do Curdistán (PKK).

Öcalan, capturado en Quenia o 15 de febreiro de 1999 nunha operación en que participou a CIA, foi condenado á morte pola Xustiza turca, acusado de actividades terroristas e separatistas. A pena conmutouse logo pola de cadea perpetúa, que cumpre incomunicado na illa-prisión de Imrali.


3.67/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: