Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Eleccións Galiza 2009

RSS de Eleccións Galiza 2009
Alerta contra a abstención

Quintana destaca os "cambios profundos" e advirte que "non se pode mudar todo en tres anos e medio"

"Por vez primeira milleiros de galegos van poder votar coñecendo de primeira man o que é o nacionalismo e como actuamos", gábase o voceiro nacional do Bloque.

Redacción - 09:00 11/02/2009

"Este país levaba sendo gobernado polos mesmos, co mesmo xeito de proceder, non 16 anos, senón 50, e non podemos cambiar toda a cultura política en tres anos e medio", afirmou o líder do BNG, Anxo Quintana, durante a súa intervención este martes nun ciclo de encontros con alumnos universitarios, na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, en Pontevedra.

Desafiou Quintana neste acto a "aplicar a proba do nove para comprobar se foron cambios profundos ou non os executados polo BNG desde o Goberno". Na opinión do líder dos nacionalistas, "só hai que ver a reacción do PP e de determinados poderes e ámbitos mediáticos do país, esa animadversión contra o BNG con mentiras e difamacións", unha mostra segundo el de que "hai cambios profundos e non queren que continúen". "Esa é a proba de que demos no cravo", subliñou.

Por outra parte, Quintana afirmou novamente estar seguro de que o BNG terá o que cualificou de "grandísimo resultado", malia que advertiu desta volta que "aínda está todo por gañar" e agoirou que todo dependerá da mobilización cidadá. "A xente debe entender que o día 1 é importante e deben ir votar porque a estratexia do PP é exactamente a contraria", comentou. "A xente di que a campaña está fría e é que ao Partido Popular interésalle que a campaña estea fría, desmotivar á xente, que non vaia votar", reprochoulles aos rivais. "Se a xente vai votar, o PP non gobernará, seguro", prognosticou.


4.67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: