Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Eleccións Galiza 2009

RSS de Eleccións Galiza 2009
Garante o impulso á lei de dependencia

Touriño afirma que creará 10 mil prazas de Infantil e alerta contra as privatizacións do PP

"Feijoo quería que deixáramos os nosos cartos nas mans dun irresponsábel político", advirte en alusión a Carrera.

Redacción - 09:00 10/02/2009

Até un total de 10 mil novas prazas para o treito do ensino infantil se compromete a crear o PSOE na vindeira lexislatura, nunha iniciativa que definen como clave para conciliar a vida familiar e laboral. Nese sentido, subliñaron os socialistas a vontade de que a igualdade real da muller na sociedade do país chegue facilitando o seu acceso aos postos de traballo con medidas dese tipo. Foi a promesa estrela realizada este luns polo secretario xeral do PSdeG, Emilio Pérez Touriño, durante un acto político en Culleredo, no que tamén salientou o compromuso de darlle cobertura a 50 mil novos usuarios a través do impulso da Lei de Dependencia. No mesmo evento, referiuse tamén Pérez Touriño á manifestación contra o galego realizada a pasada fin de semana en Compostela, sinalando que o seu partido "non vai a estar nunca en guerra coa lingua" e asegurando que "esa batalla xa esta superada, as dúas linguas son nosas e non vamos renunciar a elas". Ao fío, indicou que "os nenos deben saír da escola pública falando con 3 idiomas", en alusión ao inglés.

Por outro lado, referiuse ao plan dos socialistas fronte á crise como unha combinación de tres eixos, sinalando dunha banda a licitación de obra pública, "no ano 2008 investimos 1.600 millóns de euros en obra pública e, este ano 2009 queremos chegar a 2.000 millóns", e achegou en segundo lugar a necesidade do mantemento do tecido produtivo da pequena empresa "con avais, no 2008 por valor de 750 millóns de euros, e o triple este ano". Por último resaltou "as medidas de protección ao emprego mediante cursos de formación e mesas de dialogo".

Por outro lado, advertiu Touriño contra as receitas do PP para este 1M, que na súa opinión céntranse en “menos pensións, menos investimentos en servizos públicos, privatizar a sanidade e abandonar a escola pública”. Por este motivo, instou os cidadáns a mobilizárense contra o abstencionismo do que acusou de promover aos populares. "O 1 de marzo decídese o futuro de Galiza, se seguimos adiante ou cara a atrás", alertou.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: