Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
O CELTA PERDEU NA CASA

O Dépor trae un punto de Mallorca

Un gol de penalti convertido por Joan Verdú deu un punto a un Deportivo que viu como os mallorquinos se adiantaban cun gol de Adúriz.

Redacción - 20:30 08/02/2009
Imaxe do Mallorca-Deportivo

Imaxe do Mallorca-Deportivo

O Deportivo trouxo un empate de Mallorca que o deixa fóra dos postos que dan dereito a disputar a competición europea. Deportivo e Mallorca protagonizaron un partido pouco vistoso, no que predominaron as tácticas. Malia ser sempre positivo acadar puntos fóra da casa, este empate non sacia as aspiracións de ningún dos dous equipos.

O Mallorca adiantouse cun gol de Adúriz no minuto 55, cando o dianteiro vasco remata de cabeza despois de adiantarse á defensa dos coruñeses. O gol do Deportivo chegou no minuto 77, cando Joan Verdú transformou un penalti cometido sobre o canteirán Lassad. Un reparto de puntos xusto entre dous equipos que demostraron ser pouco ambiciosos.

O Celta perdeu na casa cun rival directo
O Castellón estreaba adestrador en Balaidos e Paco Herera fixo bo o proverbio de "adestrador novo, vitoria segura", levando os tres puntos para a cidade da "plana". O Castellón adiantouse cun gol de Arana no minuto 24 e, xusto antes do descanso, Mario Rosas poñía o 0-2 no marcador de Balaidos cun gol de penalti. Tamén de penalti chegou o único gol dos vigueses, transformado por Roberto Trashorras no minuto 93.

O Celta de Vigo deu continuidade á mala xeira de resultados na que está inmerso, perdendo na casa fronte ao Castellón. O equipo de Pepe Murcia só sumou un punto dos últimos 12 que disputou, e pasou de optar ao liderado en solitario da categoría a ocupar a 11ª posición, a cinco puntos dos postos de ascenso. Despois desta xornada quedarán aínda 19 partidos por xogar, polo que o Celta terá tempo dabondo para endereitar o rumbo se mellora o seu rendemento no campo.


3/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: