Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Este domingo en Compostela

Aberto de Billarda en solidariedade con Palestina

Organízao a Liga Nacional, mais eles chámanlle 'Intifada Billardeira'. Mais os palanadores e palabadoras non paran, aínda que meteoroloxía sexa adversa.

Redacción - 10:00 07/02/2009

De novo, a gran serpe multicor da LNB tivo venceu un novo atranco, motivado polas previsión meteorolóxicas adversas, e decidiu desenvolver o Aberto de Billarda en Solidariedade con Palestina e cos Represariad@s da Associaçom Amuinha -multados con 100 euros polo concello de Marín por pegaren carteis da LNB na vila- no Pavillón do IES As Fontiñas (Rúa Estocolmo, 5), en Compostela.

Nun primeiro momento había ser na pista descuberta do parque de Galeras, mais así se soubo que había grandes probabilidades de que chovese, comezaron a procurar outra localización e, axudados polos xornalistas do Novas da Galiza e do CS O Pichel -que colaboran neste aberto- atoparon a pista das Fontiñas, mais topando antes coa burocracia deportiva, que tamén a hai. De feito, antes de decidirse polo pavillón deste instituto, recibiron a negativa do Concello para ocupar o pavillón de Santa Isabel xa que non practicaban "un deporte federado". Neste sentido, dende O Varal volven pedir que os estamentos deportivos galegos "máis aló das boas intencións", dean un paso cara a "normalización, de xeito real e urxente", da súa situación, "a día de hoxe, absolutamente alegal".

O programa deste domingo
O domingo billardeiro comezará ás 10:15 horas no Pazo de Exposición e Congresos de Galiza, no barrio de San Lázaro, xa que a LNB ha estar representada -nas súas tres conferencias, a NorLeste, a NorOeste e a Sur- na presentación do Plan estratéxico dos deportes e xogos tradicionais.

Ás 16:00 h. no pavillón deportivo do IES As Fontiñas comezará o Aberto en Solidariedade con Palestinas e cos Represariad@s, de participación aberta, polo que todo o mundo poderá participar.


Ligazóns

5/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: