Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Eleccións Galiza 2009

RSS de Eleccións Galiza 2009
TRATAMENTO DE RESIDUOS

Quintana aposta pola xestión comarcal do lixo

O BNG considera "ilóxica" a teoría do punto único de tratamento e fala da diminución en orixe e a reutilización como eixo da nova política.

Redacción - 19:00 04/02/2009

Anxo Quintana estivo este mércores en Lousame, no complexo ambiental do Barbanza, e aproveitou a súa visita para propoñer un Plan Galego de Residuos. Quintana afirmou que o único método eficaz é a redución en orixe e dar primacía a produtos que podan ser usados novamente no futuro. Ademais, o vicepresidente da Xunta criticou o antigo modelo de xestión de residuos impulsado polo PP, cualificando como "dificilmente entendible que nun país de 2,7 millóns de habitantes, agrupados en 35.000 núcleos de poboación, poida esperar que o método sexa centralizado".

Considerou "ilóxica" a teoría do punto de tratamento único e apostou por abordar dende unha perspectiva comarcal as plantas existentes, coa idea de facer a súa xestión sostíbel, dentro duna economía de escala. O líder da fronte nacionalista dixo tamén que o BNG pretende impulsar na vindeira lexislatura un plan galego de residuos urbanos e un plan de compostaxe. Quintana fixou como obxectivos "acabar co residuos sólidos en vertedoiros incontrolados" e "alcanzar unha compostaxe dun 30 por cento da materia orgánica, incrementándoa nun cinco por cento anual".

Colaboración entre a Xunta e os Concellos
Quintana tamén falou da necesidade dunha colaboración entre a administración da xunta e as dos concellos. Nesta liña, instou os concellos a exercer as competencias que teñen neste eido, para axudar á Xunta a aplicar un programa de tratamento que teña a "diminución en orixe e a reutilización como eixe fundamental da súa liña de actuación".


3/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: