Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Eleccións Galiza 2009

RSS de Eleccións Galiza 2009
GALIZA2009

Quintana propón a fusión de municipios e unha división administrativa baseada nas comarcas

O líder do BNG considera que os consistorios de menos de dous mil habitantes non son viábeis e que as deputacións teñen que desaparecer a  longo prazo.

Redacción /EP - 18:34 03/02/2009

As deputacións provinciais teñen que desaparecer a longo prazo. O candidato nacionalista á presidencia da Xunta, Anxo Quintana, asegurou este martes que é preciso camiñar cara un modelo de fusión de municipios. Así cre que os “microconcellos” (de menos de dous mil habitantes) teñen que integrarse en estruturas maiores.

Quintana sinalou en Vigo que o prioritario é reclamar para Galiza as competencias exclusivas en materia de organización territorial e administrativa. En referencia aos organismos provinciais, o líder nacionalista dixo que se trata de “organismos artificiais, que nada teñen que ver coa realidade galega. Ademais acusou ás deputacións de seren “manifestamente incapaces” de dotar de servizos aos municipios.

En canto á fusión de municipios, a medida proposta polo BNG afectaríalle a 89  dos 315 concellos nos que está dividido o país. Estes municipios que contan cun padrón inferior aos dous mil habitantes son “incapaces de darlle servizos aos cidadáns”. De todos os xeitos, Quintana sinalou que estas fusións serían “pactadas e consensuadas”

Comarcas e áreas metropolitanas
O BNG tamén considera idónea unha división administrativa do país baseada nas comarcas e nas áreas metropolitanas. Sobre estas últimas, Quintana explicou que a súa formación “nunca entendeu ás áreas metropolitanas como unha simple fusión de concellos”, e si como entidades “con competencias”.


4,08/5 (13 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: