Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Galiza2009

Nós-UP achega programa e unha candidatura encabezada por catro mulleres

Baixo o lema "Voto galego e de esquerda, GZ pola independencia".

Redacción - 09:00 02/02/2009

Gemma María Blanco, na Coruña, Noa Río Bergantinhos, por Pontevedra, Zeltia Fernández, en Lugo e Paula Alonso Rivera, en Ourense, son os nomes á fronte das respectivas listas coas que Nós-UP acode a estes comicios. O proxecto foi presentado esta fin de semana por integrantes da dirección nacional da formación e das listas en cada unha das circunscricións. Un programa composto por 444 propostas que, indican, foron de feito o "roteiro" aplicado por Nós-UP no "labor de oposición desenvolvido pola esquerda independentista durante a lexislatura que agora conclúe".

Segundo explicaron, na conformación das listas quixeron darlle lugar destacado "á mocidade traballadora en condicións de precariedade, consoante coas características do mercado laboral galego actual". Ademais, coa escolla de catro mulleres para o primeiro lugar en cada provincia, queren tamen subliñar "o protagonismo da loita feminista no modelo de participación política e social defendido por Nós-UP". Sindicalistas, activistas ambientais, estudantes e membros de diversos colectivos completan as candidaturas.


2.95/5 (19 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: