Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
.EUS

O éuscaro pide tamén un dominio de seu na internet

A Asociación PuntuEus está a recoller apoios a prol do identificador internacional da lingua e da cultura vascas.

Redacción - 10:20 01/02/2009

Do mesmo xeito que a lingua e a cultura galegas están a promover a creación do dominio .gal na internet, e como xa o catalán obtivera o seu .cat, agora a comunidade éuscara aspira ao mesmo. A lingua e a cultura vascas queren crear un símbolo que permita o seu recoñecemento internacional na rede: o .eus.

Con este fin, creouse a Asociación PuntuEus. Na web da entidade estanse a recoller apoios individuais á iniciativa, e mesmo se inclúe un spot publicitario a prol do .eus e banners para incluír en blogs e webs persoais de persoas que queiran contribuír á causa.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: