Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Galiza2009

Cacharro volve do retiro e fala de eivas no liderado do PP

O ex presidente da Deputación de Lugo e ex presidente provincial do PP lugués, criticou tamén as listas elaboradas pola dirección do partido na provincia.

Redacción / Europa Press - 09:30 28/01/2009

O ex presidente da Deputación de Lugo Francisco Cacharro aprecia falta de liderado "en todos os sitios" no Partido Popular, tanto no ámbito do Estado Español como en Galiza e tamén na propia provincia de Lugo. Así o expuxo o que fóra referentes político e institucional de amplo poder no PP galego durante unha conferencia de prensa este martes en Lugo.

Cacharro dixo ter claro que "o PP tiña unha ocasión extraordinaria" de recuperar espazo fronte ao PSOE no actual contexto de crise económica "cuns niveis de paro en que somos campións de Europa e que debían de debilitar os gobernos", apuntou. "Nesas circunstancias que son negativas para o país, o PP debera ter unha oportunidade importante e nas estimacións e enquisas que se fan non avanza", censurou Cacharro. "Eu creo que hai un problema de liderado e iso vai levar o PP a que non obteña a vantaxe que noutras circunstancias puidese ter nestas eleccións autonómicas de Galiza", analizou.

Interpelado sobre a quen se refería sobre ese liderado, se a Mariano Rajoy ou a Alberto Núñez Feijoo, o antigo barón do PP lugués respondeu que intentaba referirse "a todos os sitios". "Abranguen todos", sentenciou. Nese sentido, da lista que presentan os populares por Lugo para os comicios do 1 de marzo, encabezada por Raquel Arias, limitouse a dicir que el "non a faría," ao tempo que confesou que lle sorprendía que "dada a súa cualificación" o ex europarlamentario Daniel Varela vaia "nun posto tan atrás", o número seis. "Tamén é verdade que a lista que faría eu non é a que faría o actual equipo de dirección do PP", admitiu. Cacharro, que está ao corrente do pagamento das cotas como militante do PP, indicou que descoñece se lle deixaron de lado no seu partido ou se puxo el "ou ambas as dúas cousas". En calquera caso quixo deixar claro que non está "en activo no partido".


4,44/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: