Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
NACEU EN 1984

O Mac fai 25 anos

O computador co que Apple popularizou os interfaces gráficos custaba daquelas máis de dous mil euros e tiña 128 Kb de RAM.

Redacción - 10:25 24/01/2009
Un Macintosh de 1984

Un Macintosh de 1984

Este sábado 24 de xaneiro fai un cuarto de século o Macintosh, o computador de Apple que revolucionou o xeito de entender a informática e que segue a existir, despois de varias transformacións, hoxe en día, máis coñecido como Mac. En 1984 resultaba pouco habitual a combinación de escritorio e rato que despois se estendeu a todos os eidos da informática doméstica.

O seu lanzamento foi ambicioso, cun carísimo -e despois moi imitado- anuncio televisivo dirixido por Ridley Scott e que se emitiu durante a Super Bowl estadonidense, o 22 de xaneiro de 1984. O primeiro modelo tiña un monitor de 9 polgadas, 128 kilobytes de memoria RAM, disqueteira interna, teclado e rato dun só botón.

Aínda que Apple xa fabricara anteriormente computadores con interface gráfico, o Macintosh foi o primeiro cun prezo relativamente asequíbel (case 2.500 dólares da época). Windows chegaría un ano despois, en 1985, aínda que non cobrou importancia até a década dos 90.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: