Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
'YES, WE CAN'

O lado menos solemne da toma de posesión de Obama

Un videoxogo co presidente como protagonista, galletas decoradas, vídeos musicais e moitas ocorrencias directamente dende Washington.

Redacción - 18:00 20/01/2009

Ademais de toda a venda de produtos que rodea en Washington a toma de posesión de Barack Obama como presidente dos EUA, tamén xurdiron na internet unha serie de alternativas máis ben extravagantes para celebrar tal acontecemento.

Unha proposta lúdica é o videoxogo Super Obama World, inspirado no xa clásico Super Mario. Neste enderezo pódese guiar o presidente estadounidense por un camiño cheo de dificultades e de inimigos.

O lado máis bizarro do acto inaugural pódese seguir mesmo dentro do Tumblr oficial. Nel recóllense as imaxes máis curiosas do acontecemento e achegas de usuarios, estadounidenses principalmente, que nos amosan as súas galletas de Obama, fotos feitas con imaxes a tamaño natural do presidente ou o seu exclusivo convite para o acto.

En About.com pódese ver unha galería de fotomontaxes con Obama como protagonista, unhas amábeis e outras non tanto. En YouTube tamén hai numerosos vídeos relacionados co novo mandatario estadonidense, aínda que un dos máis famosos é o clip colectivo de apoio a Obama, o Yes, we can, sen esquecer o seu popular reggaetón.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: