Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Venezuela

Edición xestionada por Xurxo Martínez Crespo
RSS de Venezuela
SERÁ O 15 DE FEBREIRO

Esta é a pergunta para o referendo da Emenda constitucional

A Asemblea Nacional venezuelana, aprobou co voto de 153 deputadas e deputados, dun total de 167, o proxecto de Emenda Constitucional que foi presentado ante o Consejo Nacional Electoral (CNE) para o referendo consultivo do 15 de febreiro. Segundo a última sondaxe do Instituto venezolano de análisis de datos (Ivad) a maioría de venezuelanos apoia Emenda Constitucional 
 

Xurxo Martínez Crespo - 10:26 19/01/2009

A presidenta do Poder Lexislativo, deputada Cilia Flores, expresou o carácter democrático da proposta.

A pergunta contén os mesmos elementos que teñen que ver coa ampliación dos dereitos e o voto popular e queda da seguinte maneira:

"Aproba vostede a emenda dos artigos 160, 162, 174, 192 e 230 da Constitución da República Bolivariana de Venezuela, tramitada pola Asemblea Nacional, que amplía os dereitos políticos do pobo co fin de permitir que calquera cidadán ou cidadá, en exercicio dun cargo de elección popular, poida ser suxeito de postulación como candidato ou candidata para o mesmo cargo polo  tempo establecido constitucionalmente, dependendo a súa posíbel elección exclusivamente do voto popular?."

A deputada Flores salientou que a proposta de emenda, para permitir a postulación sucesiva a un cargo público, amplía a democracia participativa xa que logo o pobo terá a potestade de elixir aos seus representantes as veces que considere preciso.

Segundo o Instituto Venezolano de Análisis de Datos (Ivad) maioría de venezuelanos apoia Emenda Constitucional 

 

A maioría da poboación venezuelana apoia o proceso de Emenda Constitucional, que permitiría a postulación continua aos cargos de elección popular, segundo unha sondaxe realizado polo Instituto venezolano de análisis de datos (Ivad), indicado este domingo pola axencia cubana Prensa Latina.

Esta última consulta popular reflicte que a opción do Si á Emenda Constitucional é apoiada polo 48% da poboación, superando nun 5% a quen se opoñen.

O apoio ao proceso de emenda foi positivo na máis recente enquisa, realizada o pasado decembro pola empresa demoscópica GIS XXI a unha poboación de nove mil 400 enquisados, quen expresaron a súa inclinación polo Si á Emenda Constitucional.

A sondaxe de GIS XXI revelou que 51,7% dos enquisados apoia a emenda á Constitución Nacional, como principal opción para darlle continuidade aos proceso revolucionario impulsado polo presidente Chávez, mentres que só o 39,1% dixo rexeitar a consulta popular.

Segundo o indicado por Prensa Latina, 65,7% dos entrevistados considera que a proposta de emenda afastase do expresado por sectores de oposición, que sinalaron en reiteradas oportunidades que a aprobación da emenda significaría a chegada ao país dun réxime ditatorial.

Esta consideración foi apoiada por 29,2%, segundo o estudo de GIS XXI.

O referendo aprobatorio da Emenda Constitucional  será o  15 de febreiro, data fixada polo Consejo Nacional Electoral (CNE), despois que a Asemblea Nacional entregase o pasado venres 15 de xaneiro a proposta de emenda.


3.67/5 (3 votos)