Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
En representación de Santiago

A decana de Económicas na USC e varios concelleiros propostos para as listas do PP

O PP santiagués propúxolle á dirección do partido un total de cinco nomes como posíbeis representantes da capital nas listas populares para o 1 de marzo.

Redacción / Europa Press - 09:00 15/01/2009

Segundo desvelaron a Europa Press fontes do PP compostelán, a proposta local apunta como posíbeis candidatos á concelleira Paula Prado del Río, o concelleiro Ricardo García Borregón; a decana da Facultade de Económicas compostelá, María Teresa Cancelo Márquez; o secretario de Organización do PP de Santiago, Xosé Luis García Bello; e o secretario xeral da formación local, Manuel Silva Constenla.

Os populares composteláns non inclúen na súa proposta a Pedro Puy Fraga, quen este mesmo mércores presentou a súa renuncia ao Consello de Contas para concorrer nas listas do PPdeG pola provincia da Coruña. Deste xeito, o máis probábel é que o avogado, estreito colaborador do líder da oposición, Alberto Núñez Feijoo, sexa a principal representación da comarca de Santiago na candidatura popular.

O PP de Santiago pactou esta lista, formada por tres homes e dúas mulleres, o pasado luns e ese mesmo día elevaron a proposta á dirección do PP. En calquera caso, a formación que dirixe Xerardo Conde Roa enmarca esta iniciativa na normalidade e no ánimo de que o capital galega estea "ben representada" na candidatura coa que o PP concorrerá ás próximas eleccións pola provincia da Coruña.


2/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: