 
 
Despois de 12 días de masacre e 3 horas de corredor humanitario, volve o temor de que o conflito reabra esoutra fronte.
O exército israelí bombardeou nas últimas horas posicións ao sur do Líbano, cara a onde disparou cinco mísiles en resposta a tres foguetes á súa vez disparados ao norte de Israel, disparos estes confirmados pola administración libanesa.   Segundo o xornal Haaretz, cando menos un explosivo impactou nunha zona de Narahiya, perto da cidade de Haifa.
  
  Desde a guerra de 2006 na que os militares israelís se enfrontaron ás milicias de Hesbulah non se producira fogo cruzado na zona. De momento, este grupo xií libanés non confirmou a autoría do lanzamento dos proxectís cara a Israel.
 	 	 Ao tempo, o exército israelí continuou os ataques en Gaza, máis de 60 nas últimas horas e despois da breve tregua para o paso de axuda humanitaria. Arredor de 700 palestinos e 11 israelís morreron desde o inicio da ofensiva.  
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto