Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
dimisión Sr. Conselleiro

A FEG reitera a súa petición de suspensión da concesión eólica

A FEG considera moi graves as declaracións de Fernando Blanco nas que afirma que fixeron a concesión eólica sen ter en conta a nova ampliación da Rede Natura 2000 e os proxectos de ampliación dos novos parques naturais. Amais é propio de políticas reaccionarias axitar a pantasma da enerxía nuclear para xustificar o novo paquete de megavatios sen ningún tipo de criterio de planificación e ordenación territorial

Federación Ecoloxista Galega (FEG) - 13:29 07/01/2009
Tags:

Tamén queremos lembrarlle ao señor Quintana que o seu partido cando estaba na oposición aproveitou e apoiou as críticas do movemento ecoloxista galego ao plano sectorial eólico do PP, que agora eles (sen aprobar outro novo) retomaron dende a Consellaría de Industria para a concesión de 2325MW

Antes que a tramitación dos novos parques eólicos deben ser cumpridas as seguintes Directivas e Leis:

•    Directiva hábitats (Directiva 92/43 CEE de Conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres).
•    Directiva aves (Directiva 79/409 CEE relativa á conservación das aves silvestres).
•    Lei 42/2007, do 13 de decembro, do Patrimonio Natural e da Biodiversidade,
•    Decreto 88/2007 do 19 de abril, polo que se regula o Catálogo galego de especies ameazadas.
•    Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia.

Tódalas citadas directivas e leis serán de imposible cumprimento de non se suspender o reparto eólico. Cómpre mencionar ademais, que de acordo co Decreto 88/2007, a Consellería de Medio Ambiente está  a elaborar os plans de conservación de determinadas especies ameazadas (Aguia real, Tartaraña, Gatafornela, Morcegos, etc.) que serán completamente inútiles con semellante desenvolvemento eólico.

A FEG lamenta así mesmo que a produción enerxética se faga sen se acompañar de políticas sustentábeis de aforro e eficiencia, é dicir como unha simple mercadoría máis rexida soamente pola lei da oferta e da demanda.

A FEG vese obrigada a reiterar unha vez máis o seu apoio á produción de enerxía por medios renovables pero garantindo outros aspectos do medio ambiente galego, sendo ademais prioritario o aforro e a eficacia na política enerxética.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: