Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Unha 'comitiva real' da Mesa pide galego para a estación de autobuses de Lugo

O colectivo leva ano e medio pedindo o uso do noso idioma no recinto público, onde os letreiros e a megafonía están en castelán e se usa toponimia deturpada.

Redacción / EP - 14:00 05/01/2009

Unha "comitiva real" organizada pola Mesa pola Normalización Lingüística de Lugo celebrou este luns un acto reivindicativo na estación de autobuses lucense. A acción serviu para protestar polo "escándalo" do uso dos topónimos na terminal, que incumpre a lexislación lingüística.

Segundo explicou o responsábel do organismo en Lugo, Fernán Xosé Mourenza, o espectáculo transcorreu nun ambiente "amábel e de participación". Arredor dun cento de persoas recibiron notas informativas, e tamén colaborou o persoal do despacho de billetes.

A Mesa denuncia que nas instalacións públicas se vulteran os dereitos lingüísticos: "A lingua galega é totalmente inexistente e detúrpanse os topónimos oficiais". Ademais, a sinaléctica e a megafonía usan exclusivamente o castelán.

Coa actividade, A Mesa aproveitou as datas festivas para reclamar unha resposta da Consellaría de Política Territorial e da xestora da estación. Mourenza lembrou que levan un ano e medio pedindo que se cumpra a lei, sen ter obtido resposta até o momento.


5/5 (15 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: