Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Xuntanza de Touriño e Zapatero

"Acudiu como segundón escoitar instrucións de Zapatero", interpreta o PPdeG

O secretario xeral do PpdeG, Afonso Rueda, avaliou que o presidente da Xunta volve de Madrid "cos petos baleiros".

Redacción - 18:25 23/12/2008

"Para volver a Galiza cos petos baleiros, a Touriño teríalle sido mellor quedar en San Caetano para poñer orde no concurso eólico", afirmou este martes Afonso Rueda ao fío da xuntanza na Moncloa do presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, co presidente do goberno español, José Luís Rodríguez Zapatero.

Interpreta o secretario xeral do PpdeG que Pérez Touriño chega ademais "como segundón" ao ir en segunda quenda de visita, despois de que os presidentes de Andalucía, Cataluña e Madrid fosen recibidos xa en Madrid. "Foi escoitar as instrucións de Zapatero despois de que este se pregase aos intereses de Cataluña", dixo Rueda.

Os populares consideran que a foto de Touriño e Zapatero é "demagóxica" e insisten en que non existe na actualidade ningún compromiso "concreto" para que Galiza non perda peso relativo co novo modelo de financiamento autonómico. "O presidente da Xunta regresa a Santiago sen compromiso algún para mellorar o financiamento e coa ameaza de que parte dos recursos que lle corresponden a Galiza acaben sendo destinados a Cataluña por mor dos pactos secretos entre Zapatero e o titular da Generalitat", teimou Afonso Rueda.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: