Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
TECNODOPAXE

Cando non sempre gañan os máis rápidos

Aproveitando a celebración do campionato europeo xuntáronse 15 países para pedir á FINA que regule a utilización dos novos traxes.

Redacción - 14:20 15/12/2008
Michael Phelps durante a presentación do Fastskin LZR Racer, o pasdo mes de Febreiro

Michael Phelps durante a presentación do Fastskin LZR Racer, o pasdo mes de Febreiro

A pasada fin de semana celebráronse na localidade croata de Rijeka os campionatos de Europa de natación, onde continuou a choiva de recordes do mundo que está a ser este ano 2008. O motivo son os novos traxes de natación, que melloran considerablemente o rendemento dos deportistas e, polo tanto, tamén os seus resultados. Aproveitando a celebración do europeo, 15 países decidiron reunirse e pedir á Federación Internacional unha regulación para este aspecto da natación, que revolucionou o deporte da piscina o pasado mes de Febreiro, cando Speedo presentou o traxe Fastskin LZR Racer.

A Federación Internacional permitiu a entrada en competición destes traxes e dende entón melloráronse ducias de rexistros mundiais, continentais e estatais. A explicación está en que o novo modelo é capaz de reducir a fricción do nadador coa auga até nun 10% e, ademais, a súa constitución axuda ao nadador a manter a posición ideal cun menor esforzo. Speedo foi o primeiro en sacar ao mercado este modelo, deseñado pola NASA, pero agora as diferentes marcas sacaron modelos de liñas semellantes.

Resulta difícil calibrar con exactitude até onde chega a responsabilidade dos novos traxes nos avances que ten vivido a natación, máis está claro que é o factor determinante da choiva de recordes na que se converteu este ano 2008. Unha anécdota ilustrativa é que cando o estadounidense Michael Phelps rachou o seu traxe durante a preparación dunha carreira e tivo que usar un modelo antigo rematou nadando sete segundos máis lento que o seu mellor rexistro na distancia.

Speedo foi o primeiro en sacar ao mercado este modelo, deseñado pola NASA, pero agora as diferentes marcas sacaron modelos de liñas semellantes. Existe pequenas variacións no rendemento dunha prototipo a outro, polo que cada vez toma máis importancia a compañía coa que decida vencellarse cada nadador, e o principal problema é que moitas veces non depende de eles senón das súas federacións.

Agora estes 15 países únense para reclamar que a Federación Internacional regule a utilización dos traxes de natación, que serían analizados por unha comisión independente e deberían estar dispoñíbeis nove meses antes das grandes competicións. Un feito importante é que algúns dos países que protestan son potencias europeas e incluso mundiais polo que, tal e como expresa o preparador holandés Jacco Verhaeren, "os nadadores non levan eses traxes porque poidan, senón porque está permitido". Con esta reclamación preténdese devolver a condición de feito inequívoco á idea de que as carreiras de natación as gañan sempre os máis rápidos.


4.75/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: