 
O novo combinado debutará o vindeiro día 21 fronte ao equipo portugués, coincidindo coa celebración do campionato nacional deste deporte.
Este mércores presentouse na Dirección Xeral para o Deporte a selección galega de fútbol praia, que debutará fronte a Portugal o vindeiro día 21. O partido comezará ás 13.00 horas no multiusos do Sar, onde ese mesmo día se xogará a final do campionato galego. O equipo estará adestrado por Manuel Jiménez e, segundo as súas propias palabras, contará con "tres ou catro xogadores dos mellores do mundo". 
Un destes xogadores é Ramiro Amarelle, que acudiu ao acto en representación dos seus compañeiros. O bergantiñán lembrou o tempo que se leva loitando pola creación da selección de fútbol praia, e non escondeu a súa ilusión con respecto ao partido do día 21. 
O estreo da selección coincidirá coa disputa do campionato galego de fútbol praia en pista cuberta. Este torneo xogarase entre os días 19 e 21 de decembro,  participando nel un máximo de 48 clubs que serían divididos en 16 grupos de tres equipos cada un.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto