Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
FOLGA DE ESTUDANTES

O ensino medio demanda unha aplicación real do decreto de galeguización

Mentres que a Mocidade pola Normalización fala dun seguimento dun 80%, Educación redúceo a un 25%.

Redacción - 19:30 26/11/2008

A Consellaría de Educación non se está a mollar para que o decreto de galeguización aprobado pola Xunta sexa unha realidade plena. Esa é a idea que defenden A Mocidade pola Normalización Lingüística, Galiza Nova e os Comités, organizacións que convocaron este mércores unha folga para demandarlle máis implicación á consellaría.

Porén, as diferenzas entre os convocantes e o departamento de Laura Sánchez Piñón son tamén evidentes á hora de facer balance da xornalda de protesta. Mentres os primeiros cifran en máis dun 80% o número de estudantes que secundaron a protesta, a consellaría fala dun 25%.

O responsábel da Mocidade pola Normalización, Fran Rei, subliñou que a folga pretendía abrirlle os ollos a Eduación para que “vexa que existe unha preocupación” con respecto á aplicación do decreto nas aulas. Rei asegurou que a dirección de determinados centros puxo trabas ao dereito á manifestación do estudantes.


4,9/5 (21 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: