Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Aprobación no pleno do Parlamento

"Son 35 chiringuitos menos dunha tacada", di Suárez Canal da Lei de Desenvolvemento Comarcal

O conselleiro do Medio Rural destacou que a Xunta se desvincule da Sociedade de Desenvolvemento Comarcal e das 34 fundacións comarcais.

Redacción / EP - 09:00 26/11/2008

"Carecen de utilidade pública", analizou o conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, ao respecto das fundacións comarcais creadas polo anterior goberno. O conselleiro insistía así na "inutilidade" destes entes e salientaba na súa comparecencia parlamentaria deste martes que a aprobación da reforma da Lei de Desenvolvemento Comarcal de Galicia supón a eliminación de "35 chiringuitos dunha tacada", sumando a propia disolución da Sociedade de Desenvolvemento Comarcal (Sodeco) coa desvinculación do Goberno das 34 fundacións.

Sobre o mesmo asunto, a voceira socialista Marisol Soneira, reflexionou que o cambio no modelo comarcal era necesario polo "fracaso" do modelo despregado anteriormente. Un modelo ao que Soneira lle atribuíu o feito de que "moitas persoas, sobre todo os mozos, abandonasen as áreas rurais cara ás cidades, as cabeceiras de bisbarras e mesmo o exterior". Soneira opinou que a viraxe axudará a "corrixir e reverter" as diferenzas entre o medio rural e o urbano e considerou que o PPdeG "non o acepta" porque "quere un modelo caciquil" no que "non haxa as mesmas regras para todos".

Ao respecto, o deputado do PPdeG Antonio Rodríguez Miranda rexeitou a lei, interpretando que "supón un novo exemplo do desinterese do Goberno en relación coas bisbarras. Segundo Miranda, destruirá" o seu desenvolvemento "sen formular unha alternativa". Ademais, vinculou este texto legal cos "últimos estertores" do "furor normativo de última hora" do Goberno que, ao seu xuízo, "aprobou en tres meses o que non fixo en tres anos". Con todo, Rodríguez Miranda recoñeceu a necesidade de "modificar e adaptar" o modelo comarcal, malia que opinou que os grupos que sustentan a acción de goberno "non teñen un modelo común".


5/5 (8 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: