Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
EN XAPÓN

Prohibido traballar na fin de semana: adíquense a ter fillos

A maior organización empresarial do país nipón limita os horarios laborais para fomentar a natalidade.

Redacción - 14:16 30/11/2008

Os nacementos no Xapón están en retroceso: a taxa de natalidade continúa descendendo dende 1972 e ameaza con reducir a forza laboral nun 16% para o 2030, segundo os datos do Ministerio de Saúde. Esta é unha cuestión que preocupa á clase empresarial do país, que xa decidiu tomar cartas no asunto. Preocupado polas poucas relacións sexuais dos seus empregados, o maior grupo empresarial de Xapón, Keidanren, recomendou ás súas 1.632 compañías que poñan en práctica as "semanas familiares", nas que se lles dá máis tempo aos traballadores para adicarse ás súas parellas e aos fillos.

Segundo un estudo da Asociación de Planificación Familiar de Xapón, os cidadáns manteñen menos relacións sexuais por mor do prolongadas que son as xornadas laborais, que os deixan sen enerxía. Así, por exemplo, o director xeral de Nippon Oil (a maior refinería xaponesa), Shinji Nishio, insiste en que "a minguante taxa de natalidade e o envellecemento da poboación, ademais da responsabilidade de educar á vindeira xeración" é un problema de todos, polo que recomendou aos seus empregados "ir para casa cedo".

"Música para que marchen sensíbeis"
En empresas como esta refinería ou tamén Toray Industries (produtos textís) ou All Nippon Airways (compañía aérea) xa se sumaron a estas medidas. Entre outras obrigas, os empregados teñen prohibido traballar as fins de semana e deben obter permiso para quedarse despois das sete da tarde.

Aínda máis: todas as noites ás oito en punto, na sede de Nippon Oil de Tokio soa a cantiga When you wish upon a star (cando lle pides un desexo a unha estrela). Segundo os responsábeis de relacións laborais da empresa, o tema da banda sonora de Pinocho de Walt Disney quere chegar ao corazón dos traballadores e recordarlles que deberían estar na casa xunto a xente á que queren.


Ligazóns

5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: